AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA CURTIS

19 / Febrero / 2018

O día 18 de  febrero de 2018 no recinto feiral de Curtis tivo lugar a II subasta de élite de gando frisón organizada polo concello de Curtis e Embriomarket.
 
A poxa levantou gran expectación, acudindo gandeiros de toda Galicia e doutras comunidades, así os 21 animais presentados (2 machos e 19 femias) foron vendidos.
 
POXA CURTIS
 
Da provincia de Lugo eran 9 dos animais presentados, pertencentes ás seguintes ganderías: SAT Cavadas de Xermade, Grilo de Bóveda, Casa de Baixo de Sarria e SAT Teixeiro da Pastoriza.
 
O animal que acadou o prezo máis alto foi Baixo Jetset Silly, da Casa de Baixo de Sarria, esta xovenca de 17 meses e a número 1 de España por GICO cun valor de 4.781 puntos e forma parte dunha das mellores familias de vacas a nivel mundial, algo que valoraron os compradores alí presentes, pois o segundo mellor prezo foi para Baixo Clever Sylvy ET unha irmá da anterior con Clever.
 
BAIXO JETSET SILLY
BAIXO JETSET SILLY
 
 
Este tipo de poxas constitúen un bo escaparate para que as ganderías poidan mostrar os seus animas e valorar o traballo de selección e manexo que están a realizar, pero os compradores tamén son beneficiados cunha oferta concertada de animais cunhas garantías sanitarias e unha información xenealóxica completa.
 
Por eso AFRICOR LUGO leva moitos anos traballando na organización de poxas, a próxima e Chantada o vindeiro 10 de marzo.

 Resultados completos en Campo Galego

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético