AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA CHANTADA - Resultados

10 / Marzo / 2018

Na primeira poxa do ano na provincia, presentáronse 19 animais, que acadaron un prezo medio de 2.084 €, no mesmo nivel que o do ano pasado nesta feira.

POXA CHANTADA

O volumen de vendas acadou os 39.600€, e seguiuse a tendencia dos últimos anos, donde as primerizas teñen preferencia, tanto na oferta como na demanda, sobre as xovencas próximas ao parto. Así, o prezo medio das primerizas foi de 2.113 €, namentras que o das xovencas foi de 1.975€.

VILA TORREL LANA 7091

                                                                       VILA TORREL LANA 499

Das vacas, a que acadou o prezo máis alto foi a presentada pola gandería VILA, de Nadela, Lugo, unha filla de Torrel, parida de xaneiro, da familia da Bos James Lana, que chegou aos 2.650€.

MAREY TORREL CEAN

                                                               MAREY TORREL CEAN

Igualmente foi unha Torrel a xovenca de maior prezo, 2.550 €, neste caso da gandería MAREY CASTRO, de Pol, preñada de Supertoro, con nai MB 85, con máis de 85.000 quilos de leite en sete partos.

POXA CHANTADA

Foi unha poxa moi concurrida, con compradores de Lugo e Pontevedra, desenvolvida nun ambiente de festa, como é a Feira do Viño de Chantada. A seguinte poxa celebrarase na Moexmu, en Muimenta, o 7 de abril.

 
 
POXA CHANTADA
POXA AFRICOR LUGO
 
POXA CHANTADA
 
 
 
 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético