AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA CHANTADA - RESULTADOS

POXA CHANTADA - RESULTADOS

17 / Marzo / 2025

O sábado 15 de marzo tivo lugar unha nova poxa de gando frisón en Chantada, un concello con unha importante gandería, que sempre apostou por este tipo de eventos como dinamizadores do sector.

POXA CHANTADA

Esta poxa organizada polo concello de Chantada en colaboración coa cooperativa Aira e Africor Lugo, tamén contou coa axuda dos servizos veterinarios da Consellería do Medio Rural que realizan aos animais todas as probas necesarias para presentalos coas máximas garantías, ademais está era a primeira poxa que contaba cunha axuda aos compradores de 200 euros grazas a Caixa Rural Galega, que deste xeito quere apoiar a un sector que consideran estratéxico e favorecer a mellora das explotacións mediante a incorporación de animais de raza pura, con carta e unhas boas condicións sanitarias como garantía de futuro. A esta axuda hai que engadir a tradicional colaboración de Xenética Fontao, que obsequia aos compradores cun lote de doses, neste caso 3 doses de Milord e 3 de Gabeiras.

POXA FRISON

Presentados 14 animais entre vacas e xovencas foron adxudicados 13 cun prezo medio de 2.723 euros, como ben sendo habitual, as vacas tiveron un prezo medio máis elevado de 2.889 euros.

 

 

O prezo máis elevado foi para dúas primeirizas procedentes de Sarria, Neiras Gero 4313, da gandería Neiras filla de Gero e recén cualificada con 86 puntos foi adquirida pola gandería Ancami de Paradela, a outra Lacpi Brave 0457 273 da gandería Lacpi quedou en Chantada ao ser adxudicada a gandería Raxino.

LACPI BRAVE 0457 273 - con vendedor e comprador

 

NEIRAS DE SARRIA
NEIRAS GERO 4313

 

A nivel de xovencas o prezo máis elevado foi para Capón – Holstein Roztac Cuca, unha fermosa xovenca presentada pola gandería Capón Holsetein de Chantada que marchou para a gandería Serra de Sarria.

CAPON HOLSTEIN
Capón – Holstein Roztac Cuca

 

 

Catálogo

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético