AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Nova App de AFRICOR LUGO

26 / Febrero / 2015

AFRICOR LUGO

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez e o presidente de AFRICOR LUGO, José Carlos Vega, acompañados pola xunta directiva de AFRICOR LUGO  e o alcalde de A Pastoriza presentaron na gandería SAT OS FOROS de Álvare, no concello de A Pastoriza unha nova ferramenta informática ao servizo dos gandeiros produtores de leite.

Esta aplicación que se instala no móbil consta básicamente de dúas partes, unha adicada a mostrar as novas máis salientables do sector, así como unha bolsa de animais a venta dos socios de AFRICOR LUGO e outra personalizada, onde cada gandeiro pode consultar os datos dos seus animais, así tan só con teclear os catro últimos díxitos do crotal da vaca xa podemos ver os principais datos do animal, leite producido no último control, análitica, xenealoxía, estado reprodutivo e ata unha recomendación de apareamento.

Esta aplicación mostra así dun xeito rápido e áxil a información máis relevante dunha vaca, permitindo comprobar a información de calquera animal sen ter que ir ata oficina e consultar os informes en papel ou internet.
 
APP AFRICOR LUGO
 
Esta App xa está dispoñible en Internet, podendo ser descargada dende a Apple Store, para dispositivos Apple, Google Store para dispositivos Android e na tenda de Microsoft para dispositivos con Windows.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético