AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

NOVO INFORME de CONTROL LEITEIRO

15 / Octubre / 2015

Este informe complementa a información xa recibida polos socios nos informes mensuais, o de lactacións finalizadas e o informe técnico, analizando varios índices que poden ser útiles na xestión da explotación. O período analizado comprende dende setembro 2014 ata xullo 2015.

Describimos brevemente este informe, tratando de facilitar a interpretación dos datos. Entre paréntese indícanse os valores medios da provincia para permitir comparar os valores da explotación cos valores medios. ter en conta que o valor medio non é sempre o óptimo.

 
 

A porcentaxe de recría en Lugo sitúase no 68%, o que permite manter taxas de reposición próximas ao 34%, por riba da media da provincia, o que sitúa ás ganderias en condicións de vender excedentes ou de medrar.

A taxa de reposición é do 30%, medida como a porcentaxe de vacas de 1º parto que se incorporan cada ano ao rabaño.

Saúde do rabaño
cetose

A análise de BHB (betahidroxibutirato) nas vacas de 1º control permite ter unha estimación do risco de cetose no rabaño. O 26% das vacas analizadas son animais en risco. O ideal serían niveis inferiores ao 20%.

 
 

A análise de RCS (reconto de células somáticas) permite monitorizar a mamite no rabaño.

Un 35% das vacas chegan ao secado cun nivel elevado de RCS

A taxa de curación media no secado é do 66%. Son vacas que tendo un control ao secado elevado en RCS, teñen un 1º control no novo parto por debaixo de 200.000 células. O ideal serían taxas de curación superiores ao 75%.

A porcentaxe de novas infeccións no secado é do 19%. Son vacas que tendo un control ao secado inferior a 200.000 células, presentan un 1º control no novo parto cun RCS elevado. Asúmese que a infección foi contraída durante o periodo de secado ou durante os primeiros días de lactación. O ideal serían taxas inferiores ao 10%.

A porcentaxe de vacas de 1º parto con RCS elevado ao parto é do 18%.

Para poder facer este seguimento vaca a vaca, no informe mensual indícase nas vacas de 1º control o RCS do último control do parto anterior.

A análise das baixas nos permite ver os motivos de eliminación e cando estas se producen, permitindo focalizar o problema de eliminación involuntaria.

A porcentaxe media de baixas totais, incluindo vacas, xatas e xovencas é do 18%.

A porcentaxe de vacas dadas de baixa é do 27%. Este valor debe estar en consonancia tanto coa porcentaxe de reposición como coa porcentaxe de recría para permitir manter un equilibrio no censo da gandería.

A porcentaxe de baixas sen parto é do 5%. Esta porcentaxe so se refire a femias e está infravalorada, xa que so ten en conta os animais xa rexistrados, non considerando as baixas de xatas que morren antes de ser rexistradas.

A principal causa de eliminación é a esterilidade (vacas que non empreñan ou abortan) seguido da morte na explotación.

A media de días en leite nos que se desbotan as vacas é de 295 días. Valores inferiores indican que as vacas son eliminadas sen rematar a súa lactación, xeralmente por problemas graves que condicionan a súa permanencia no establo.

 

Nesta simulación pódese ver a evolución que terá o rabaño no caso de manterse a porcentaxe de recría e a porcentaxe de baixas que tiña a gandería en 2015. Nos orienta sobre a posibilidade de modular estas dúas variables (recría e baixas) para obter o obxectivo que se pretende en cada caso; aumentar, manter ou diminuir o rabaño de leite.

A TNR taxa de non retorno é un indicador da fertilidade dos touros empregados.

Inclúese a TNR dos touros con máis de cen inseminacións a nivel da provincia.

No cálculo téñense en conta ata a 3ª inseminación por vaca, sen ir máis alá para que o efecto das vacas repetidoras non inflúa na fertilidade dun touro en concreto.

Ter en conta que factores como o número de inseminacións para cada touro ou o seu uso en xovencas inflúe no cálculo da TNR.

Importante: A TNR estará sesgada en aquelas ganderías donde so se recolla a inseminación fecundante, como no caso de compra masiva de animais, centros de recría que non aportan información, falta de datos, etc.

A TNR media por explotación na provincia de Lugo é do 52%.

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético