AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Mellores vacas por proteína

19 / Noviembre / 2015

Tras a publicación por CONAFE das avaliacións xenéticas de novembro, a vaca JAIME END-STORY 422 aparece no terceiro posto das mellores vacas por índices de proteína.

A proteína do leite é un valor que cada vez está a coller máis peso na industria transformadora, incrementando cada ano os límites mínimos a partir dos que se prima aos gandeiros pola calidade do leite.

Neste caso, é filla do touro, O Man End Story, que foi repartido na campaña de seme subvencionado que cada ano organiza X. Fontao en colaboración coas Africores. A súa vez é neta de Lautamic, un touro de X. Fontao que destacou polas altas calidades de leite, tanto en proteína como en graxa.

Esta vaca pertence á gandería SAT Emilio do Jaime, de Xustás, Cospeito, donde está a facer o seu segundo parto.

No primeiro parto tivo unha lactación de 11.942 litros, cun 3,38 % de proteína, o que supón máis de 400 quilos de proteína producidos nunha soa lactación.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético