25 / Abril / 2025
Galerias fotos: Xatas Vacas Campionas Manexadores Preparadores
O 5 de abril de 2025 tivo lugar a 39 edición do Concurso de Gando Frisçón MOEXMU 2025, con 17 ganderías e 85 animais participando, o concurso volveu destacar pola calidade dos animais presentados así como polo númeroso público que se concetrou arredor da pista.
O xuiz encargado de valorar os animais foi o asturiano Francisco Javier Freije Freije, que mostrou a súa satisfación por volver estar neste certame, onde fai 24 anos comenzou a súa andaina como Xuíz.
Pola maña foi o turno dos animais máis novos, xatas e xovencas, onde a gandería Rei de Miñotelo da Pastoriza foi a máis destacada, pois seus son os catro animais que o xuiz levou a final, resultando como Gran Campiona de Xovencas REY 1273 HAXL BAMBI, e Reserva REY 1303 FITTERS YUVI, que xa alcanzaran os títulos de Xovenca Campiona e Xata Campiona respectivamente.
Así non houbo sorpresa co título de Mellor Criador de Xovencas e foi para ganderia Rei de Miñotelo, como Segundo Mellor Criador de Xovencas foi gandería Carballeiras de Pontevedra.
Pola tarde chegou o turno das vacas en lactación, onde o xuiz otorgou o premio de Gran Campiona de Vacas a KERGO OZALID 6818 da gandería A Lagoa Serabel de Xermade, unha vaca que xa ven de gañar o Open en GandAgro e que esta acadando como vaca adulta os maiores logros, pois con cinco partos conserva unha ubre excelente, que o Xuiz distinguiu como a Mellor Ubre do concurso, ademais dunha perfecta unión entre todas as súas partes.
O premio a Vaca Nova Campiona foi para O RUBIO THUNDER MASCASTORM ET da ganderia O Rubio de Santa Comba e a mellor Vaca Intermedia REY 1066 CHIEF BRUNA, premios moi repartidos que nos dan unha idea do alto nivel dos animais que participaron nesta edición.
O Mellor Criador de Vacas foi Ponderosa Holstein e como Segundo Mellor Criado gandería Gorrello de Castropol, Asturias.
Pero non solo de vacas vive o home, asi nesta edición puidemos presenciar unha pedida de man en directo, noraboa aos noivos.
¡¡ VIVAN OS NOIVOS !!