04 / Abril / 2006
Con motivo da XX edición de MOEXMU 2006, AFRICOR-LUGO vai a conceder unhas mencións honoríficas ás ganderías máis salientables da provincia de Lugo, segundo os datos recollidos no ano 2005.
O acto terá lugar o domingo día 9 de abril, durante a entrega de premios do Concurso de Gando Frisón, ás 13,30 h. no recinto feiral de MOEXMU, en Muimenta, Cospeito, Lugo.
Trátase de facer un recoñecemento a aquelas ganderías que traballan pola mellora da raza frisona, en busca duns animais máis rendibles para a produción de leite e á vez máis lonxevos, que permitan producir leite, de boa calidade, durante moito tempo.
Deste xeito, premiarase as seguintes ganderías:
Gandería Costureiro, de Pape, Sarria. (12.656 Kg.)
Gandería Pena, de Saavedra, Begonte. (85,8 puntos)
Gandería Perrelos, de Castelo, Taboada. (ICO 1.400)