28 / Enero / 2021
CONAFE publicou na revista Frisona Española (nº240) e na súa páxina web os cen Mellores Criadores de España por Cualificación Final.
Este listado foi elaborado buscando valorizar a labor dos criadores, de ahí que se teñan en conta as vacas nadas na explotación, independente de onde se atopen ou onde fosen cualificadas.
Permite comparar as ganderías da provincia coas do resto do estado, presentando en primeiro lugar a BAIXO HOLSTEIN de Sarria, unha gandería que leva moitos anos traballando intensamente na mellora dos seus animais e con excelentes resultados, como certifica este primeiro posto como Mellor Criador Nacional por Cualificación Morfolóxica.
No terceiro posto aparece MANTOÑO HOSTEIN de Barreiros, outra gandería de Lugo, tamén coñecida pola calidade dos seus animais.
Ámbalas dúas ganderías adoitan a ocupar os dous primeiros postos no ranking de cualficación da provincia, que anualmente publicamos dende AFRICOR LUGO, se ben, agora, coa publicación deste listado nacional, podemos comprobar que non so son as mellores da provincia, senón de España.
Entre ambas sitúase a Ganderia Badiola, de Asturias, sobradamente coñecida polas súas participacións no Concurso Nacional, onde acadou vintetrés veces o título de Mellor Criador Nacional e once o de Vaca Gran Campiona.
Entre as dez primeiras tamén aparece outra gandería de Lugo, CASEIRO DE ERNES, de Cospeito, a que igualmente leva moito tempo traballando na mellora dos seus animais.