AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

MELLOR QUEIXO DE ESPAÑA

05 / Noviembre / 2021

Un queixo presentado pola queixeria Arias Moniz de Chantada, acaba de ser distinguido como o mellor queixo azul de España, polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.

BOE

Este queixo denominado Savel e elaborado con leite crú de vacas da raza jersey da gandería Outeiro de Chantada, unha gandería moi coñecida entre os criadores de frisón, pois sempre sempre estivo entre os primeiros postos nos diferentes listados elaborados pola asociación, ademáis tamén participou en numerosos concursos e poxas, chegando a organizar poxas na propia explotación.

Esta gandería decidiu apostar pola raza jersey e o pastoreo para dispoñer dunha materia prima única, coa que poder elaborar un produto diferenciado e de alta calidade, e a vista dos resultados, esta claro que o conseguiron.

Noraboa a estes profesionais, que con traballo e dedicación obteñen os mellores resultados en todo aquelo que se propoñen.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético