10 / Mayo / 2008
pinchar GALERIA DE FOTOS
A gandería Pozo, de Saa, Lugo, acaparou todos os premios desta primeira edición do Concurso de Criadores de Sarria, celebrado o sábado, día 10 de maio, dentro dos actos organizados pola festividade de San Isidro Labrador.
A Xovenca Gran Campiona foi unha descoñecida para o público, a xata POZOSAA MINA LOURO, xa que era a súa primeira participación nun concurso. Esta filla de Bos Mason Louro, resultou unha fácil gañadora para o xuíz, e describiuna como unha perfecta combinación de estructura e carácter leiteiro, cunha extraordinarias patas. A Xata Subcampiona foi CAPON GOLDWYN MARISA, que viña de quedar primeira de sección en MOEXMU.
CAPON-HOSLTEIN GOLDWYN MARISA Xata Subcampiona
POZOSAA GOLDWYN SARA, foi a Xovenca Campiona, un animal con moita altura, largo e cunha costela profunda separada, quedando por diante de CID GIBSON FORXA, que sería a Xovenca Subcampiona.
POZOSAA GOLDWYN SARA Xovenca Campiona
CID GIBSON FORXA Xovena Subcampiona
O lote presentado pola gandería POZO, de Lugo, foi elixido para Mellor Criador do Concurso, quedando en segundo lugar a gandería O PALOMAR, de Láncara.
GANDERIA POZO - MELLOR CRIADOR
GANDERIA O PALOMAR- 2º MELLOR CRIADOR
Á mellor gandería da comarca de Sarria foi SAT ROMEPEN, de Sarria, con 25 puntos, quedando en segundo lugar SAT O PALOMAR, de Láncara, con 20 puntos.
No sorteo da xovenca cedida pola Granxa Gayoso Castro, da Deputación Provincial de Lugo, resultou agraciada a gandería Perrelos, de Taboada.
GANDERÍA ROMEPEN
Relación de ganderías participantes no Concurs
Gandería | Concello |
CALLOBRO | TRABADA |
CANCELA | SARRIA |
CAPÓN | CHANTADA |
CASA DE BAIXO | SARRIA |
CID | BARREIROS |
DALAS | PARADELA |
FONTES | SARRIA |
NOVELL | PARADELA |
O PALOMAR | LÁNCARA |
PERRELOS | TABOADA |
POZO | LUGO |
PROLESA | SARRIA |
REGO | LÁNCARA |
REI DE MIÑOTELO | A PASTORIZA |
ROMEPEN | SARRIA |
VEIGUEIRO | BARREIROS |
Na mañá do sábado tiveron lugar unha Xornadas sobre Recría de Xovencas, nas que interviron Marcial Fernández, veterinario do Centro de Recría de Castragude, que falou sobre distintos aspectos na cría de xatas, seguido de Rubén García, técnico da Cooparativa Os Irmandiños, que aportou datos sobre os custos de recría en Galicia. Completaron as intervencións na mesa redonda que tivo lugar a continuación, ramiro Fouz, veterinario de Africor-lugo e Xosé Ramón Pedreira, xefe de servizo de Fomento Asociativo da Consellería do Medio Rural, que falou sobre as liñas de axuda para o fomento da recría.