AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

GandAgro 2017

30 / Enero / 2017

O pasaso día 27 de xaneiro no Recinto Feiral de Silleda e coincidindo coa feria Cimag-GandAgro 2017 tivo lugar o Concurso Autonómico da Raza Frisoa FEFRIGA 2017 e o Open de Frisón GANDAGRO 2017.
 
A participación de Lugo nesta ocasión foi de tres ganderías, A Vereda de Castro de Rei, Rei de Miñotelo da Pastoriza e Casa Pozo de Lugo.
 
Na categoría de xatas destacou Pozosaa Meridian Antioquia, que acadou o título de Xata Subcampiona de Galicia por detrás de Blanco 0247 Africa da gandería Blanco de Pontevedra.
 
POZOSAA MERIDIAN ANTIOQUIA
POZOSAA MERIDIAN ANTIOQUIA
 
BLANCO 0247 AFRICA
BLANCO 0247 AFRICA
 
Como xovencas a mellor actuación estivo a cargo de Rey 688 Brusa Gold Chip que resultou Xovenca Subcampiona de Galicia por detrás de Casa-Nova Sony Mccutchen da gandería Carro da Coruña.
 
REY 688 BRUSA GOLD CHIP
REY 688 BRUSA GOLD CHIP
 
CASA-NOVA SONY MCCUTCHEN 1019
CASA-NOVA SONY MCCUTCHEN 1019
 
Resultando Gran Campiona
 
CASA-NOVA SONY MCCUTCHEN 1019
CASA-NOVA SONY MCCUTCHEN 1019 
 
Reserva Gran Campiona
 
BLANCO 0247 AFRICA
 BLANCO 0247 AFRICA
 
No Open temos que destacar a Cudaña Amore Beemer da gandería Dovanea de Cantabria que acadou o título de Ternera Campeona Internacional e Reserva Gran Campeona internacional.
 
CUDAÑA AMORE BEEMER
CUDAÑA AMORE BEEMER
 
No apartado de xovencas ningunha superou a Sony , se ben, Pereira Meridian Dinora das ganderías Vilas Boas e Pereira de Portugal acadou o título de Novilla Subcampeona Internacional.
 
PEREIRA MERIDIAN DINORA
PEREIRA MERIDIAN DINORA
 
O título de Novilla Gran Campeona Internacional foi para Casa-Nova Sony Mccutchen 1019 da gandería Carro da Coruña.
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético