09 / Marzo / 2025
O día 22 de febreiro en Silleda tiveron lugar o XXXIII Concurso Autonómico da Raza Frisona "FEFRIGA 2025" e o XXXVII Open de Frisón "GANDAGRO 2025".
O xulgamento destes certames estivo a cargo do suizo Marcel Egli axudado en pista por Santiago Mato.
Durante estes días Silleda convertiuse no centro nacional do sector agrario, pois ademáis dos concursos de frisón tivo lugar a feira Abanca Cimag-GandAgro 2025, que levou ata o recinto feiral de Silleda as principais empresas do sector, que unha vez máis utilizaron estes escaparate para mostras as súas novidades.
No concurso participaron ganderías de Cataluña, Cantabria, Asturias, Portugal e das tres provincias galegas con maior importancia no sector produtor de leite, así cun total de 137 animais estes concursos mostraron os mellores animais da raza.
Pola maña tivo lugar o xulgamento de xatas e xovencas, onde a gandería Rei de Miñotelo foi a gran triunfadora, pois REY 1239 CHIEF DIVINA, foi nomeada polo xuíz como Gran Campiona tanto de Galicia como do Open, ademais Rei de Miñotelo tamén acadou o título de mellor criador de xovencas en ambos certames, deixando así claro que as mellores xatas están na Pastoriza.
Pola tarde chegou o turno dos animais en lactación, con seccións númerosas e moito público nas gradas, tivo lugar unha auténtica festa de exaltación da raza frisoa.
Nas vacas tamén destacou Lugo sobre o resto, pois como Gran Campiona do Open o xuíz nomeou a KERGO OZALID 6818 da gandería A Lagoa Serabel de Xermade, e como Gran Campiona de Galicia POZOSAA KRUSADER 9450 XELA de Casa Pozo de Lugo, ademáis a mellor Vaca Nova do certame foi TRUMP da gandería A Vereda de Castro de Rei, mostrando así o nivel dos animais da nosa provincia.