AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Freo na produción de leite

06 / Julio / 2015

 

A produción de leite das ganderías en Control leiteiro da provincia de Lugo no mes de xuño mantívose nas 75.800 toneladas/mes, cantidade similar a xuño do ano anterior.

A tendencia de abril e maio foi a de aumentar a produción, tras a non limitación das cotas, pero neste mes de xuño os baixos prezos, por debaixo dos custos de produción en moitos casos, fixeron que se modere a produción, situándose nos mesmos niveis que vai un ano.

Respeto do pasado mes de maio, produciuse un descenso de 865 toneladas, en base a diminuir a cantidade de concentrado que se lles administra aos animais, xa que o número de vacas mantense en cifras similares a meses anteriores.

As explotacións en Control leiteiro da provincia de Lugo supoñen o 30% do total de ganderías da provincia, pero producen o 71% do leite.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético