04 / Septiembre / 2018
Africor Lugo desenvolveu una nova xornada formativa para os seus técnicos de campo, neste caso coa colaboración de Nanta e o seu “programa de recría de novillas” PRIMA, donde se trataron as necesidades e coidados da recría, centrando esta formación na primeira fase da vida do animal, dende o encostrado ata a desteta, unha fase crítica, que vai ter repercusión durante toda a vida do animal.
A xornada comenzou cunha exposición teorica a cargo de Manuel Rondón, onde se expuxeron os puntos febles desta fase, así como os controis que se deben ir realizando para monitorizar a evolución dos animais e comprobar o éxito do manexo que estamos realizando.
Posteriormente na gandería Varela Labrada, de Castro de Rei, tivo lugar a demostración práctica de como levar a cabo os controis necesarios para avaliar os costros, cun calostómetro e un refractómetro, ademáis de aprender a medir e pesar as xatas, realizando igualmente prácticas de sondaxe, unha técnica necesaria no caso de que o nado de recén non sexa capaz de tomar os costros necesarios.
Dende Africor Lugo queremos agradecer a colaboración da gandería Varela Labrada por prestarnos as súas instalación para desenvolver esta actividade formativa, asícomo ao Concello de Castro do rei por poñer á nosa disposición a Aula de formación.
![]() |
![]() |