AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Evolución da produción

09 / Enero / 2015

As explotacións en Control leiteiro da provincia de Lugo representan un 30% do total das ganderías de produción de leite da provincia, pero producen máis do 70% do total do leite. O tamaño medio das ganderías e superior á media xeral e na maioría dos casos, son ganderías máis profesionalizadas e dispoñen de máis información para xestionar mellor a explotación.

Nun estudio comparativo de produción mes a mes, dos dous últimos anos, pódese observar a tendencia de incremento da produción no primeiro semestre respecto do ano anterior e o frenazo na produción do segundo semestre, motivado sen dúbida polo risco de sobrepasamento da cota láctea, xunto co brutal descenso dos prezos pagados ao productor.

Así, comezouse o ano 2014 producindo 6.525 toneladas máis por mes que o ano anterior, chegando a un máximo de diferencia de 8.389 toneladas no mes de abril, un 12,9% máis que o mesmo mes do ano anterior.

A media de incremento anual foi do 7,6%, se ben pechouse o ano cun diferencial de tan so o 0,4% respecto de decembro de 2013. En total, as ganderías en Control leiteiro da provincia de Lugo produciron 60.608 toneladas de leite máis que o ano anterior.

A media de produción diaria no ano 2014 para as vacas de Control leiteiro de Lugo é de 30,6 Kg.

Este incremento na produción acadouse de varias formas, salientando a mellora na alimentación, e sobre todo, muxindo máis vacas. De media muxíronse por mes un 5,2% máis vacas que o ano anterior, chegando a un máximo dun 7,7% máis no mes de abril. As 1.700 ganderías en Control leiteiro da provincia muxiron mensualmente en 2014 unha media de 77.000 vacas, unhas 3.800 máis que o ano anterior. Esta tendencia a muxir máis vacas víñase dando dende o segundo semestre do ano 2013, muxindo 2.400 vacas máis en decembro de 2013 que en xuño dese mesmo ano.

GRÁFICOS 

A redución do número de vacas no segundo semestre do ano propiciou o descenso da produción, pero tamén un exceso na oferta de animais nos matadoiros, coa conseguinte baixada de prezos dos animais de desvelle.

Por outra banda tamén se constataron axustes na ración, cun menor consumo de concentrado por vaca. Unha redución no consumo de tan so un quilo de pienso por vaca ao día, supón unha perda de volume de negocio para as fabricas de pienso duns 750.000 € por mes.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético