Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos
Novas
DANOS XABARIL
15 / Julio / 2016
ORDEN do 4 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2016.
Esta orde está destinada a paliar os danos producidos entre a data de entrada en vigor da mesma (mañá) e o 10 de outubro, sendo preciso comunicar os danos nun prazo de 3 días dende que se produciu, mediante chamada telefónica ao 012, a fin de que persoal da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio visite a parcela e informe dos danos producidos, despois hai un prazo dun mes para presentar a solicitude.
O importe das axudas está baremado por superficie en función do cultivo do que se trate, cun máximo de 1.500 euros por solicitante.