DAIRY SHOW MONTICHIARI
20 / Febrero / 2017
Entre os días 17 e 19 de febreiro tivo lugar na localidade italiana de Montichiari o 16 European Open Holstein Show. Un dos concursos máis importantes que se celebran en Europa.
A gandería Rei de Miñotelo participou neste evento cun lote de sete animais, 5 xovencas e 2 vacas en lactación, grazas por mostrar ao mundo que en Galicia tamén hai produtores de leite, e cunhas vacas ao nivel dos mellores criadores europeos.
Non acudiu soa, senón con outros gandeiros de Asturias, Cantabria e Navarra que xuntos se embarcaron nesta aventura, para mostar o nivel da cabana frisoa española.
Destacar a actuación dunha xata da gandería Dovanea de Cantabria, Cudaña Amore Beemer que resultou Campeona Reserva do certame e que o mes pasado puidemos contemplar en Silleda participando en GandAgro onde acadou o título de Ternera Campeona Internacional.
CUDAÑA AMORE BEEMER (en GandAgro)
Se ben a única gandería que foi dende Lugo foi Rei de Miñotelo, alí tamén participou outra vaca galega, POZOSAA GOLDWYN SONIA, unha vaca nada e criada na gandería Casa Pozo de Lugo que foi vendida a uns gandeiros italianos e leva unha gran traxectoria concurseira, neste certame resultou primeira de sección en vacas de 6 anos con 3 ou 4 partos.