10 / Junio / 2016
Os días 10 e 11 de xuño en Silleda tivo lugar o XXV Concurso Autonómico da raza frisona FEFRIGA 2016.
O xulgamento estivo a cargo D. Giuseppe Quaini, xuíz italiano da gandería Castelverde Holstein.
O venres día 10 foi o turno das xatas e xovencas:
Rey 691 Negara Mccutchen
A xata REY 691 NEGARA MCCUTCHEN obtén o título de Xata campiona no Concurso Rexional, quedando como Xata subcampiona, REY 688 BRUSA GOLD CHIP tamén da gandería Rei de Miñotelo.
No apartado de xovencas, a gandería Pozo obtivo o título de Xovenca subcampiona con POZOSAA DOORMAN 2317, que viña de quedar como Mellor xovenca no Concurso de Moexmu celebrado en abril.
Blanco Alizee Irene Selva
A Mellor xovenca do Rexional foi Blanco Alizee Irene Selva, de gandería Blanco, de Lalín, que continúa a traxectoria familiar de campionas de concursos, xa que a súa nai foi Vaca Nova campiona no Rexional de 2012 e a súa avoa Vaca Intermedia campiona no Rexional de 2009.
BLANCO ALIZEE IRENE SELVA