AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Cambios nas axudas do Ministerio para compensar os baixos prezos do leite

28 / Noviembre / 2015

O MAGRAMA derogou o Real Decreto 849/2015, de 28 de septiembre, polo que se establecían as normas reguladoras para a concesión directa de axudas «de minimis» destinadas a compensar as dificultades económicas no sector lácteo.

Deste xeito, intégranse  nesta nova liña os dous tramos de axuda. O tramo complementario deixa de ter carácter de «minimis».

As axudas concédense de oficio. O tramo básico da axuda pagarase xunto ás axudas directas da PAC.

Para o tramo complementario, o gandeiro debe estar pendente da publicación na páxina web do MAGRAMA da resolución provisional. Tras a publicación, o beneficiario ten un prazo de dez días para presentar alegacións e para rexistrar os seus datos bancarios e presentar unha autorización para recabar datos sobre o cumprimento das súas obrigas tributarias e da Seguridade social ou aportar os correspondentes certificados. Estos trámites faranse a través da páxina web.

Con este novo Real Decreto 1077/2015, farase unha  concesión de axudas directas aos gandeiros de vacún de leite co obxecto de proporcionarlles liquidez a curto prazo, en tanto que o resto de medidas surtan efectos e os prezos comezen a recuperarse.

 

Enlace ao novo RD

 

Esta axuda articúlase en dous tramos: un tramo básico a percibir por todas as explotacións, consistente nunha axuda por quilo de leite, igual para todos, proporcional ás entregas declaradas ao FEGA durante os meses de abril, maio, xuño e xullo de 2015 e un tramo complementario para os produtores nunha situación máis precaria.

 

O tramo básico da axuda consistirá nun pago único, por importe de 0,0107 euros por quilo de leite entregada nos meses de abril, maio, xuño e xullo de 2015, cun máximo de 50.000 euros por beneficiario. Non se concederán axudas a ganderías con entregas inferiores a 9.346 quilos.

 

O tramo complementario está dirixido aos gandeiros con liquidacións durante os meses de abril, maio, xuño e xullo por debaixo duns umbrais de rendibilidade previamente establecidos, que serán fixados segundo o criterio do Ministerio, pendentes de publicar na súa páxina web.

Aplicaranse dous umbrais e as axudas poderan ser dun importe único por animal que será de 300 euros por animal subvencionable ou de 110 euros, cunha contía máxima por explotación de 10.000 euros.

 

Terán a consideración de animal subvencionables as femias da especie bovina de aptitud láctea, de idade igual ou maior a 24 meses o día 1 de octubre de 2015, e estivesen de alta na gandería nesa data

 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético