Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos
Novas
CULTIVO DA PATACA
10 / Marzo / 2017
RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se establecen as zonas infestadas e as zonas tampón e se implementan as medidas para a erradicación e control con respecto ao organismos de corentena Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca na Comunidade Autónoma de Galicia, establecidas no Real decreto 197/2017 polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación de Tecia (Scrobipalpopsis) solanivora Povolny.
Mediante está orde determinase a zona infestada pola presenza da praga así como unha zona tampón, onde se estremaran os controis para evitar a propagación da mesma.
Na zona infestada prohíbese o cultivo de patacas dende o 5 de marzo de 2017, e por un período mínimo de dous anos.