22 / Marzo / 2022
Hoxe camións, furgonetas e tractores tomaron a cidade de Lugo nunha multitudinaria manifestación pola situación que están atravesando tanto as empresas de transporte como os gandeiros, cuns incrementos de custes que fan inviable a súa actividade.
Así nesta situación consideramos que os dirixentes e a sociedade en xeral deben facer unha pequena ou gran reflexión, se non conseguimos unhas condicións de produción que permitan a xente continuar coa súa actividade, producir alimentos como se viña facendo, alimentos de calidade coidando o medio e os animais, o sector primario vai desaparecer, pode que durante un tempo non pareza grave, pois importaremos os alimentos, pero ao menor problema no pais de orixe dun determinado produto, o prezo vaise disparar e isto afectara a toda a sociedade, creo que non é algo difícil de ver, ademais xa estamos vivindo estes exemplos.
Así pedimos que se busque a solución para que os gandeiros e agricultores poidan seguir producindo e os transportistas facendo o seu traballo, pois do contrario toda a sociedade será a prexudicada, é unha vez destruído o tecido produtor é case imposible de recuperar, e con levaría moito tempo e gasto.