AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

CREMONA 2023

CREMONA 2023

11 / Diciembre / 2023

No International Dairy Show 2023 de Cremona celebrado entre o 30 de novembro e 2 de decembro de 2023, participaron animais de dúas ganderías de Lugo, Lagoa de Serabel de Xermade e Rei de Miñotelo da Pastoriza, colleitando uns grandes resultados que sen dúbida serven para confirmar que os animais das nosas ganderías están ao nivel dos mellores do continente.

KERGO OZALID 6818
KERGO OZALID 6818 - LAGOA DE SERABEL

Está vaca resultou terceira en vacas de 5 anos, unha sección especialmente numerosa e díficil.

Vacas 5 anos

Destacada actuación dunha becerra de 12 meses da gandería Rei de Miñotelo que resultou segunda da súa sección, REY 1217 HAXL AMARA.

REY 1217 HAXL AMARA - REI DE MIÑOTELO

Ademáis desta destacada actuación dos animais de Lugo, tamén quedaron ben situados os animais presentados pola gandería Carro da Coruña así como o resto de representantes españois, mostrando ao mundo, a calidade dos animais das nosas ganderías.

O premio ao mellor lote foi para España con un grupo formado por Llinde Ariel Jordan (SAT Ceceño), Ponderosa Meridian Emigrant (Ponderosa Holsteins) e Kergo Ozalid (A Lagoa Serabel SC), un grupo de animais excepcionais.

 

 

 

Pero sen dúbida a máxima trinfadora do certame, campiona absoluta Holstein e Campiona Suprema entre todas as razas foi LLINDE ARIEL JORDAN, está vaca de Sat Ceceño de Cantabria, que sen dúbida está a marcar unha época, xa non solo en España senon en Europa.

LLINDE ARIEL JORDAN - SAT CECEÑO

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético