Orde do 30 de maio de 2008 pola que se homologa o contrato-tipo para compra-venda de leite cru de vaca.
Este contrato constitúe unha ferramenta nova nas relacións entre produtores e compradores de leite cru de vaca, xa que por medio do mesmo, as dúas partes poderán fixar as condicións de recollida e pago do leite, compromentendose unha a entrega e outra a recollida e pago nas condicións detalladas no contrato suscrito polas partes.
Estes contratos terán unha duración mínima de 6 meses, podendo ser renovado de forma automática o transcorrer este tempo se así se estipula no contrato inicial.
Así mesmo constitúese unha comisión de seguimento, que será a encargada de vixiar o cumprimento dos contratos.