05 / Enero / 2017
Africor Lugo ven traballando dende vai tempo en concienciar aos gandeiros na necesidade de evitar a consanguinidade nos seus animais, polos riscos que esta conleva, sendo os animais con altos porcentaxes de consanguinidade menos produtores, menos resistentes as enfermidades e empreñan peor.
A tal fin, está a disposición dos gandeiros un programa de apareamentos que minimiza este risco, aconsellando cales son os touros que mellor emparellan con cada vaca.
A maiores, de cara á Campaña de seme, faise un apareamento masivo indicándolle a cada gandeiro e de forma persoalizada, en que porcentaxe aparea cada touro na súa gandería, xunto co ICO medio resultante.
Así, para cada un dos touros que entran na campaña, indícase a porcentaxe de animais nos que se podería empregar cada un dos touros, sen que o apareamento teña unha alta consanguinidade.
A modo de exemplo, se un touro entra nun 50%, poderíase usar na metade das vacas da gandería. Esto orienta ao gandeiro a decidir cantas doses pode coller de cada touro, de xeito que a maior porcentaxe, pode empregar ese touro en maior medida.
A segunda parte sería, unha vez elexidos os touros, aparear cada un deles cos animais do rabaño, axudados do programa informático que calcule o mellor apareamento para cada vaca.
Facendo este mesmo cálculo para todos os animais da provincia de Lugo, o resultado é o seguinte:
TOURO |
% de animais nos que entra |
REXISTRO |
XENEALOXÍA |
FALCO |
41,6 |
ESPM9203678639 |
SNOWMAN (O MAN) x GOLDWYN (JAMES) |
STOP |
46,1 |
ESPM9203680044 |
SNOWMAN (O MAN) x BAXTER (BLITZ) |
BRANDSON |
48,2 |
ESPM9203727073 |
SNOWMAN (O MAN) x SOCRATES (BLITZ) |
BEARIZ |
50,2 |
ESPM9203580973 |
BEACON (SHOTTLE) x BOLTON (HERSHEL) |
ARMONICO |
54,5 |
ESPM9203594785 |
SNOWMAN (O MAN) x BOLTON (HERSHEL) |
ELSAR |
56,4 |
ESPM9203489478 |
SUPER (BOLIVER) x BW MARSHALL (BELLWOOD) |
MYTH |
56,8 |
USAM0070372014 |
SNOWMAN (O MAN) x PLANET (TABOO) |
SUPREM |
57,0 |
ESPM9204013814 |
SHOTGLASS (SNOWMAN) x ALTAGREATEST (PLANET) |
BREWMASTER |
59,3 |
CANM0011161715 |
GARRETT (O MAN) x SHOTTLE (MTOTO) |
THOS |
68,5 |
ESPM0803197548 |
PLANET (TABOO) x TOYSTORY (BW MARSHALL) |
BIG POINT |
68,6 |
DEUM0666050471 |
BOOKEM (PLANET) x MAN-O-MAN (O MAN) |
LEOMARCOS |
72,6 |
ESPM1503837957 |
LET IT SNOW (SNOWMAN) x GERARD (O MAN) |
DANNO |
75,7 |
NLDM0888659628 |
BOOKEM (PLANET) x BOLTON (HERSHEL) |
DURAN |
76,4 |
ESPM9204208984 |
DEFENDER (MOGUL) x SNOWMAN (O MAN) |
LUACES |
79,8 |
ESPM9204202101 |
LUCID (BOOKEM) x EPIC (SUPER) |
MEIN |
79,8 |
ESPM9204208956 |
MERNADY (MERIDIAN) x LYLE (XACOBEO) |
HAPPY |
80,0 |
ESPM1504153910 |
MCCUTCHEN (BOOKEM) x MERIDIAN (DOMAIN) |
MISIONE |
86,9 |
ESPM9204304331 |
MISSOURI (DAY) x MERIDIAN (DOMAIN) |
GILETTE |
87,4 |
ESPM9203594778 |
NIAGRA (BOLIVER) x ROUMARE (JOCKO BESN) |
SUPERTORO |
88,3 |
ESPM9204300530 |
SUPERSHOT (SUPERSIRE) x MERIDIAN (DOMAIN) |
SIGMA |
90,2 |
ESPM9204301925 |
SILVER (MOGUL) x MCCUTCHEN (BOOKEM) |
MELLOR |
90,8 |
ESPM9204301926 |
MISSOURI (DAY) x SUPERSIRE (ROBUST) |
ARION |
95,7 |
ESPM9204300527 |
MISSOURI (DAY) x MOGUL (DORCY) |
SANXURXO |
95,8 |
ESPM9204300529 |
SUPERSHOT (SUPERSIRE) x SHAW (FREDDIE) |
Vese claramente como as liñas O Man entran dun xeito moi limitado, debido a que abondan moitas vacas con esta liña xenética, namentras que as liñas Meridian, Mccutchen ou Missouri, ao estar, de momento, menos empregadas, permiten que os touros destas liñas apareen cunha grande maioría das vacas.