22 / Noviembre / 2008
CONCURSO DE XATAS E XOVENCAS
Capon September Dixi proclamouse Xovenca Gran campiona de Galicia no Concurso Rexional celebrado en Silleda.
Despois de quedar como Xovenca Subcampiona no Concurso de Chantada, o xuiz italiano, Guiseppe Quaini, a elixiu como mellor xovenca do Concurso.
A xata campioa foi Pozo Lheros Milka
As ganderías de Lugo coparon os primeiros postos das seccións de xatas e xovencas, con seis primeiros de sección das sete seccións do concurso, repartíndose os premios entre as ganderías Capón, Pozo, Sandamil e Rei de Miñotelo.
![]() SANDAMIL M.S. DECKER MELANY |
![]() SANDAMIL EMPIRE FOGATA |
Lugo presenta 55 animais a concurso, procedentes de 11 ganderías:
GANDERIA |
CONCELLO |
CAPON |
CHANTADA |
CAVADAS |
XERMADE |
FONTESTRIZ |
CHANTADA |
LINA |
TRABADA |
MOREIRA |
CHANTADA |
NODI |
BARREIROS |
PERNAS |
XERMADE |
PORTALOUSA |
XERMADE |
POZO |
LUGO |
REI DE MIÑOTELO |
A PASTORIZA |
SANDAMIL |
CASTRO DE REI |
![]() CAPON-HOLSTEIN GOLDWYN CAROL |
![]() REY 435 DIANA IGNITER |
RESULTADOS COMPLETOS
AGRORTEGAL GALLETERA JUROR revalida por terceiro ano o título de Mellor Vaca de Galicia.
Esta vaca propiedade de Gandería Caxigueira, de Ortigueira, A Coruña, con dez anos de idade e sete partos, obtivo o título de mellor vaca do concurso ao igual que o fixera nos anos 2004 e 2005.
![]() LOTE GANDERIA CAXIGUEIRA |
![]() LOTE GANDERIA NODI |
As actividades do domingo comenzaron cunha demostración de pelado organizada polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, onde os asistentes puideron observar as habilidades destes xóvenes gandeiros na preparación dos animais, xa que entre os encargados de realizar esta demostración estaba Bonet Cid, que o venres resultou gañador no I Concurso de Pelado - Semana Verde.
Durante esta demostración realizaron a preparación dunha xata por un costado, deixando o outro sen pelar, de forma que os asistentes puideron observar como cambia a imaxe do animal unha vez preparado, logo na pista explicaron os asistentes o traballo feito e as características que debemos intentar resaltar a hora de preparar un animal.