CONCURSO NACIONAL
29 / Septiembre / 2014
Os días 26 e 27 de setembro de 2014 tivo lugar en Xixón, Asturias a 35ª edición do Concurso Nacional da raza Frisoa. O xulgamento do mesmo estivo a cargo de D. Jaume Serrabasa, xuíz nacional de Conafe.
Unha vez máis a provincia de Lugo estivo presente no certame, nesta edición a representación recaeu sobre as seguintes ganderías: Capón de Chantada, Cid de Barreiros, Casa Pozo de Lugo e Rei de Miñotelo da Pastoriza, que presentaron un total de sete animais a concurso resultando todos ben clasificados nas súas sección e mostrando o bo facer dos gandeiros lucenses.
O sábado tivo lugar o xulgamento das xatas e xovencas.
Vista xeral
REY 616 MATA BRADNICK 3ª Xatas de 11 a 13 meses
POZOSAA WINDBROOK 7127 SONIA 5ª Xatas de 11 a 13 meses
TEZANILLOS SID REGALIZ Gran Campeona Nacional de Novillas
O domingo chegou a hora das vacas en lactación, e coas gradas ateigadas de público, como soe ocorrer cada ano neste certame o xuíz foi colocando cada sección.
Vista xeral
POZOSAA SID 3322 BARBIE 3ª Vacas novas ata 30 meses
CID GOLDWYN GRISELDA 2ª Vacas adultas 5 anos
Pero sen dúbida a gandería protagonista o domingo foi a gandería Badiola de Asturias, pois nos seus establos viven as campioas nova, intermedia e adulta.
Familia Badiola e autoridades
BADIOLA MORDOC LUBASCA Campeona Nacional de Vacas
Ademáis o Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia recibiu o premio ao Mellor Grupo de Expositores da feira, un premio que valora o benestar dos animais e a apariencia do stand durante os días que permanecen os animais na feira.