27 / Septiembre / 2021
O día 25 de setembro de 2021 tivo lugar en Xixón a edición número 41 do Concurso Nacional da raza frisoa, xulgando polo catalán Pol Collell, este certame estivo marcado polo desexo dos gandeiros de retomar un pouco a normalidade e poder volver reunirse neste tipo de enventos, que sen dúbida son un dos grandes puntos de encontró dos criadores de frisón, ademáis de servir para mostrar a sociedade a importancia e traballo que levan a cabo os gandeiros ao longo de todo o ano.
A participación de Lugo nesta ocasión limitouse a gandería Rei de Miñotelo da Pastoriza que acudiu a cita cun lote de 13 xatas e xovencas e dúas vacas.
A súa aposta polas xatas foi gañadora, pois ademáis de acadar o título de Campiona Nacional de Xatas e Xovencas con REY 1014 MOOVIN SONY ET, e a Mención de Honra con REY 996 WARRIOR SROSETA RED ET tamén acadou os títulos de Mellor Rabaño Nacional e Mellor Criador de Xatas e Xovencas.
REI DE MIÑOTELO - MELLOR CRIADOR NACIONAL
REY 1014 MOOVIN SONY ET - CAMPIONA NACIONAL DE XATAS E XOVENCAS
REY 996 WARRIOR SROSETA RED ET - MENCIÓN DE HONRA
Vacas en lactación soamente levou dúas, pero que dúas, REY 814 BEEMER YURI que resultou primeira na sección de vacas de 4 anos e REY 509 NINFA SPIRTE, unha vaca que recibiu un recoñecemento nacional pola súa morfoloxía e producción, pois parida de noveno parto e cualificada 5 veces excelente leva producidos máis de 130.000 quilos de leite, e saíu a pista coa cabeza alta e as orellas vivaces como sempre nos múltiples concursos que ten participado.
REY 814 BEEMER YURI - 1ª SECCIÓN VACAS 4 ANOS
REY 509 NIFA SPIRTE - 5 EX, 9 partos e máis de 130.000 quilos de leite
REY 1046 MOOVIN ATHLETE
REY 1041 DENVER YUNI ET
REY 1031 THUNDER STORM DIANA
REY 1023 MASTER AMERICA
REY 1003 MASTER SORLINA ET
REY 1000 MASTER SORLINDA ET
REY 995 WARRIOR SROSALIA RED ET
REY 977 CHIEF GENESIS
REY 967 JORDI HOLE
REY 947 THUNDER STORM YURIETA
REY 925 ARTIST NELA
Videos