08 / Mayo / 2010
Participaron un total de 15 gandarías, das que seis eran da comarca de Sarria, presentando un total de 44 animais. O xuíz foi o asturiano D. Conrado González Antón.
Neste concurso participan gandarías da provincia, co requisito de que os animais presentados son nacidos nas explotacións que os presentan ou ben procedentes dun Centro de recría. Contou con sete seccións nas que participaron animais de ata 26 meses de idade.
A comarca de Sarria engloba os concellos de O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Sarria e Triacastela, cun censo total de 284 gandarías en Control Leiteiro, o 13% do total da provincia.
O fomento da recría reflíctese nesta comarca a través do Centro de recría "Castragude", xestionado pola Cooperativa COGASAR, entidade patrocinadora do Premio á Xovenca campioa.
A gandaría Callobro, de Trabada, foi a que conseguiu o premio ao mellor animal do concurso, con Callobro Xacobeo Valdeteja, unha xata que xa resultou campioa no concurso de Moexmu, celebrado en abril. Esta xata destaca por ser un animal moi balanceado, con boa capacidade e unha boa grupa.
CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA GZ
A xovenca campioa do concurso foi Rei Galleta Dolman, presentada pola gandaría Rei de Miñotelo, de A pastoriza, un animal con moito caracter leiteiro, destacando pola súa costela profunda e arqueada.
REI 471 GALLETA DOLMAN
A mellor xovenca da comarca, foi Novelle September Nepal, de gandaría Novelle, de Paradela, que ademáis foi a xovenca subcampioa do concurso.
NOVELLE SEPTEMBER NEPAL
A xata subcampioa do concurso foi Cancela Goldwyn Kira, da gandaria Cancela de Sarria.
CANCELA GOLDWYN KIRA
ELECCIÓN MELLOR CRIADOR
O lote presentado pola gandaría Rei de Miñotelo, de A Pastoriza, foi elixido para Mellor Criador do Concurso, quedando en segundo lugar a gandaría Novelle, de Paradela.
GANDARIA REI DE MIÑOTELO
A mellor gandaría da comarca de Sarria foi a gandaría Novelle, de Paradela, quedando en segundo lugar a gandaría Vilar de Susao, de Sarria.
GANDARIA NOVELLE
GANDARIA VILAR DE SUSAO
POSTO | MANEXADOR | GANDERIA |
1º |
ESTEBAN IGLESIA VILA | REY DE MIÑOTELO - A PASTORIZA |
2º |
JHONY FERNANDEZ LAMAS | CASA POZO - LUGO |
POSTO | MANEXADOR | GANDERIA |
1º |
JOSE ALBERTO IGLESIA VILA | REY DE MIÑOTELO -A PASTORIZA |
2º |
MIEGUEL EXPOSITO RODRIGUEZ | LA RINCONADA - CANTABRIA |
3º |
DIEGO CANDO SANTOS | CANDO E SANTOS - A PASTORIZA |
POSTO | MANEXADOR | GANDERIA |
1º |
RUBEN CANDO SANTOS | CANDO SANTOS - A PASTORIZA |
2º |
ALBA ALVAREZ NUÑEZ | SILVELA - ASTURIAS |
3º |
PATRICIA LOPEZ LOPEZ | SAT PROLESA - SARRIA |