AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

COLABORACIÓN CON RECRIA CASTRO

30 / Noviembre / 2017

A Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos, Africor Lugo, firmou esta mañá un convenio de colaboración co Centro de Recría Castro para xuntar esforzos e achegarlle aos gandeiros da provincia toda a información sobre as actividades e servizos do centro.

A sinatura foi formalizada polo presidente de Africor Lugo, José Carlos Vega, e o director do Centro de Recría Castro, Rogelio Grille, nas mesmas instalacións desta finca de recría. Ademais, tamén estivo presente Darío Campo, presidente da Deputación de Lugo, institución titular do centro e financiadora da súa creación.

O centro iniciará a súa actividade a principios do vindeiro ano e Africor Lugo apoia así este proxecto para que os gandeiros da provincia, que teñen dificultades para recriar por falta de tempo, espazo ou persoal, poidan resolver este hándicap da súa produción a través dos seus servizos.

José Carlos Vega apuntou que con este convenio “colaboraremos na divulgación de todas as actividades e servizos de Recría Castro para achegarlle aos gandeiros da provincia toda a información que precisen e que poidan ser eles mesmos os que valoren a conveniencia ou non do envío das súas xatas ao centro”.

 

Pola súa parte, Rogelio Grille anunciou que xa son 30 as ganderías que se amosaron interesadas no envío de animais e que recibirán as primeiras xovencas a mediados do mes de xaneiro. “Para difundir o noso traballo polo sector da provincia pensamos que o mellor aliado sería Africor Lugo e é por este motivo polo que estamos hoxe aquí”, engadiu.

 

O presidente da Deputación de Lugo amosou a súa satisfacción ante o acordo e destacou que “un dos principais obxectivos deste centro público, pioneiro en Galicia e en España, será axudar aos gandeiros a reducir custos de produción e a paliar un dos seus principais problemas, a falta de man de obra”.

 

Ambas partes remataron adiantando que o convenio hoxe firmado é un acordo aberto no que as dúas entidades irán incorporando novas propostas e proxectos en común segundo vaian xurdindo.

 

CONVENIO RECRIA CASTRO

Rogelio Grille, presidente de Recría Castro; Dario Campos, presidente da Deputación de Lugo; José Carlos Vega, presidente de Africor Lugo

 

Video AFRIGA TV

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético