AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

CAMPAÑA 2020

02 / Enero / 2020

O pasado día 30 de decembro tivo lugar a presentación da nova campaña de semen 2020. O acto reuniu aos traballadores e directivos das catro africores de Galicia.

Durante o mesmo D. Jesús Vázquez, director xerente de Xenética Fontao  explicou aos asistentes a organización da empresa, así como as principais liñas de traballo que están a desenvolver, para logo dar paso D. Mauricio de los Santos, veterinario experto en xenética, que fixo un breve repaso as características dos touros incluidos na campaña 2020.

 

Xenética fontao 

Para rematar tamén interviú D. José Antonio Jiménez, de CONAFE que aproveitou a ocasión para recordar aos asistentes a importancia da recollida da información nas explotacións, xa que aínda que coa xenómica puidesemos pensar que estos datos son menos necesarios, ocorre o contrario, cobran maior importancia e necesitamos unha maior precisión nos mesmos que nos permitan ir axustando os sistemas de predición para poder valorar cada vez máis caracteres de interés para o gandeiro e gañar fiabilidade nas probas.

CAMPAÑA XENETICA FONTAO

En xaneiro comezará a solicitude por parte dos gandeiros en Control leiteiro de Galicia das doses de seme dentro da Campaña 2020, que organiza Xenética Fontao en colaboración coas Africores.

Os touros seleccionados para este ano son os seguintes:
 
 
 
 
 
 
 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético