15 / Diciembre / 2015
O FOGGA publicou hoxe a listaxe de beneficiarios do tramo básico da axuda para compensar as dificultades económicas no sector produtor de vacún de leite en Galicia
O Real decreto 1077/2015, do 27 de novembro, establece a concesión directa dunha axuda temporal excepcional para compensar as dificultades económicas do sector produtor vacún de leite, sendo as comunidades autónomas as que informarán os beneficiarios da contía do tramo básico da axuda, de acordo coa información sobre as entregas do FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria)
Ao ser unha axuda directa, concédese, sen necesidade de solicitude expresa, aos produtores que presentaron a súa solicitude única en 2015 aos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e outros réximes de axudas prevista no Real decreto 1075/2014,
A contía desta axuda se pode consultar na sede electrónica do Fondo Galego de Garantía Agraria: