AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Baixada da produción

03 / Junio / 2016

Confírmanse a tendencia á baixa da produción nas ganderías en Control leiteiro da provincia de Lugo.

As ganderías en Control leiteiro de Lugo representan un tercio do total das explotacións de leite, pero producen un 70% do total do leite comercializado na provincia.

Os descensos na produción aprécianse tanto se comparamos co mesmo mes do ano anterior como respecto do mes anterior do mesmo ano.

  2015 2016 diferencia en %
  Vacas PROD dia (ton.) Vacas PROD dia (ton.) vacas prod. ano ant. prod. mes ant.
decembro 2015 74.342 2.307          
xaneiro 2016 73.047 2.243 75.238 2.332 3,0 4,0 1,1
febreiro 73.593 2.262 75.825 2.379 3,0 5,2 2,0
marzo 73.832 2.317 75.710 2.372 2,5 2,4 -0,3
abril 74.366 2.361 75.354 2.377 1,3 0,7 0,2
maio 74.822 2.398 75.087 2.394 0,4 -0,2 0,7
xuño              
xullo              
agosto              
setembro              
outubro              
novembro              
decembro              

 

De igual forma, tamén diminúe o número de vacas, ralentizándose o proceso de expansión que viñan tendo as ganderías nos últimos anos.

Este descenso na produción débese precisamente ao descenso no número de vacas, algo que non se deu durante a ano pasado.

A produtividade por vaca aumenta un 2% cada ano, polo que o descenso na produción vai pola eliminación de animais.

As melloras en manexo, xenética, etc., fan que as ganderías obteñan cada ano unha maior produtividade. Outra ferramenta que se está a empregar é o incremento no número de muxidos por vaca/día. Así, as ganderías que incrementaron o número de muxidos pasou dun 2% a un 5% nos últimos cinco anos.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético