AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

BAIXO CASTRO SARGEANT SILLY ET

19 / Noviembre / 2015

 

Esta xata procedente de gandería Casa de Baixo, de Hermida, Sarria, naceu grazas ao programa de transferencia de embrións da Deputación provincial de Lugo.

Este programa desenvolto en colaboración con AFRICOR LUGO, permitiu acceder a ganderías de Lugo a embrións de alto valor xenético, dos que naceron animais como neste caso, que ocupan os primeiros postos dos listados de mellores animais en España.

Deste programa tamén se obtiveron touros que pasaron ao Centro de testaxe de Xenética Fontao, como son Castro Jordan Chusco, Pozo Castro Mogul Anyelu, Pozo Castro Mogul Goby ou Baixo Castro Simbad.

Coincide que a este animal se lle fillo a proba xenómica, que consiste nunha análise de ADN que permite estimar con maior fiabilidade o seu valor xenético, grazas ao convenio de colaboración subscrito en 2014 entre AFRICOR LUGO e a Deputación provincial de Lugo, que permitiu realizar a proba xenómica a máis de trescentos animais na provincia de Lugo. Entre os animais xenotipados tamén cabe salientar a xata Gayoso Brawler Olivia, da gandería Gayoso, de Prevesos, Castro de Rei, que se sitúa no posto 9 das mellores xatas de España.

BAIXO CASTRO SARGEANT SILLY é filla da vaca holandesa JK Eder Silly e neta da vaca italiana All Nure Baxter Silvy. A avoa de Silly, ten un fillo en Xenética Fontao, de nome JK Eder Silvester.

 

JK EDER SILLY

JK Eder Silly  MB 85 

A xenealoxía desta xata é a seguinte: Sargeant x Bookem x Baxter x Goldwyn x Durham

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético