AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

Axudas aos investimentos nas explotacións agrícolas

18 / Marzo / 2016

A Consellería do Medio Rural publicou a ORDE do 23 de decembro de 2015 pola que se convocan para o ano 2016 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020.

Esta axuda ten a finalidade de mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, así como facilitar a entrada no sector agrario de agricultores axeitadamente formados, e en particular a renovación xeracional, de acordo co Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014_2020.

Liñas de axuda:

Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias).

Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

Creación de empresas para os agricultores mozos.

Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.

ORDE

ORDE ampliación prazo

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético