AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

Axudas á mellora da competitividade das explotacións leiteiras galegas

24 / Agosto / 2011

 A Conselleríado Medio Rural publicou a Orde do 12 de agosto de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da competitividade das explotacións gandeiras galegas, a través da redución dos custos de produción.

As axudas reguladas nesta orde van dirixidas ao apoio a aqueles investimentos que incidan na redución de custos mediante estratexias de aforro e eficiencia enerxética nas explotacións, que minimicen a dependencia externa da enerxía, e a substitución de insumos por recursos naturais localmente dispoñibles, que permitirán incrementar a competitividade das explotacións.

Nos casos en que a documentación presentada pola persoa solicitante das axudas previstas nesta orde sexa suficiente e se reúnan os requisitos exixidos, efectuarase a cualificación da explotación como prioritaria, de acordo co establecido no Decreto 253/2008, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Subvencionaranse equipos que supoñan un aforro enerxético e unha significativa redución de custes da explotación

Tamén se terán en conta as inversións destinadas á redución de custes na produción leiteira, maximizando o uso de recursos propios da explotación. En xeral, investimentos que incidan no manexo dos animais, na mellora do seu benestar e na calidade sanitaria da explotación.

En este ámbito entran las equipaciones de ordeño, la instalación de ordeño en plaza, tanques de refrigeración, cierres, pastores eléctricos, camas de goma para cubículos, praderías, etc. Todas estas instalaciones inciden de manera muy positiva en
Así mesmo, as inversións destinadas á substitución de enerxías convencionais por renovables, tamén serán obxecto de axuda (módulos solar térmica, solar fotovoltaica, mixtas eólica-solar fotovoltaica ou biomasa térmica).

 
 
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día 24 de agosto.
 
 
 
ORDE
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético