20 / Octubre / 2015
Os gandeiros que estén incluidos na lista que publica o MAGRAMA teñen de prazo ata o día 30 de outubro para tramitar a solicitude.
Esta faise a través da páxina web do MAGRAMA.
O MAGRAMA xa dispón da información tanto dos prezos percibidos polo leite como dos animais subvencionables de cada gandeiro, polo que non precisan estos datos.
As axudas van dende os 85 € aos 7.765 €, para un total de 7.028 ganderías en España.
Os gandeiros de Africor Lugo beneficiados son o 41,6% do total de socios, que percibirán una media de 4.113 €. A media por beneficiario en España é de 2.846 €.
Como cubrir o formulario:
Faise en dous pasos
1º paso:
Neste formulario ten que indicar se percibiu algunha outra axuda de minimis no ano 2015, 2014 ou 2013. Se foi así, deberá consignar o importe total de ditas axudas. Non poderá pasar da cantidade de 15.000 €, sumando as percibidas e a que lle correspondería por esta nova liña de axudas.
No seguinte enlace indícanse algunhas axudas de minimis (pode que non estén todas)
Para a percepción desta axuda é necesario estar ao corrente de pago coa Axencia Tributaria e a Seguridade Social. Pode autorizar a realizar a comprobación deste requisito sen que teña que aportar ningún certificado.