10 / Mayo / 2006
Pola presente convócase á Asemblea Xeral Ordinaria, a celebrar o vindeiro día 25 de maio, xoves, nos locais de Africor-Lugo, ás 11,00 horas en primeira convocatoria e ás 11,30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte Orde do Día:
1º Informe do Presidente.
2º Explicación do Balance, Conta de Resultados e Memoria do exercicio 2005 e a súa aprobación se procede.
3º Distribución de resultados á Conta de Reservas.
4º Presentación do presuposto de ingresos e gastos para o ano 2006.
5º Exame da xestión social da Xunta de Goberno.
6º Asuntos internos.
7º Rogos e Preguntas.
8º Lectura da acta da reunión e a súa aprobación se procede.
Lémbrase a todos os socios que os documentos contables da Asociación están á súa disposición nas oficinas de AFRICOR-LUGO
Entre todos os asistentes sortearanse cinco lotes de doses de touros probados.
Agradecendo a súa participación, rogamos asistencia e puntualidade.