AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Ampliación do número de controis por lactación

21 / Diciembre / 2016

O principal logro da mellora xenética en gando frisón é o de permitir alongar a lactación do animal máis alá do que correspondería ao simple amamantamento da súa cría ata o destete.

Cada ano increméntase a porcentaxe de vacas que teñen unha lactación por riba dos 305 días, un 63,6% das vacas que se controlan na provincia de Lugo, cun aumento do 6,4% nos últimos dez anos.

Nesta liña, as Africores ampliaron o número de controis por lactación,que ata de agora estaba en 18 controis, ata os 20 por lactación.

Esta actuación permitirá ampliar a información de vacas con lactacións moi prolongadas, incluindo un cálculo máis preciso da produción vitalícea, que antes se cortaba no control 18.

A ampliación de controis foi posible grazas á colaboración da Consellería do Medio Rural, que incrementou o seu orzamento adicado ao pago de mostras de Control leiteiro.

Se calcula que unhas 2.450 vacas por ano superan o límite dos 18 controis.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético