29 / Diciembre / 2015
A Consellería do Medio Rural publicou a ORDE do 21 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para os anos 2016-2017.
Os programas de planificación zoosanitaria levados a cabo polas agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) están dirixidos a mellorar o estado sanitario das explotacións incluídas nelas e permiten incrementar a rendibilidade das explotacións, diminuíndo as perdas ocasionadas por motivos sanitarios, ademais de facilitar o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, benestar e sanidade animal.
O obxectivo é estimular a integración de gandeiros nas ADSG que realizan prevención e control de enfermidades animais e melloran as condicións hixiénicas das explotacións e do benestar animal, elevando o nivel produtivo e sanitario das explotacións e contribuindo a acadar un mellor status sanitario para o gando galego.
ORDE