AXUDAS XESTION, SUBSTITUCION E ASESORAMENTO
31 / Marzo / 2010
Orde do 25 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e asesoramento nas explotacións agrarias, e se convocan para o ano 2010.
AXUDAS A IMPLANTACIÓN DE SERVIZOS DE ASESORAMENTO E/OU XESTIÓN
Os beneficiarios poderán ser entidades privadas sen ánimo de lucro ou cooperativas e as súas unións ou federacións, excepto ADSG, Atrias, ADF e unións ou federacións destas.
Estas entidades deberan estar recoñecidas e inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia (Resaxega) e cumprir unha serie de requisitos detallados na presente orde.
A subvención será por un período de 5 anos, contado dende o inicio da actividade e cunha intensidade de axuda decrecente dendo o 50% no primeiro ano ata un 10% no quinto.
AXUDAS A IMPLANTACIÓN DE SERVIZOS DE SUBSTITUCIÓN
Poderán beneficiarse destas axudas as cooperativas ou entidade asociativas do sector que implanten servizos de substitución para os seus asociados, así como empresas que leven a cabo esta actividade nas condicións establecidas nesta orde.
A axuda tamén será por un período máximo de 5 anos cunha intensidade máxima do 80% para o primeiro ano e decrecente nos anos posteriores cun máximo dun 16% no quinto.
SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de 2010 remata o 1 de maio de 2010.