AXUDAS SEGURIDADE SOCIAL
15 / Junio / 2010
Orde do 2 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.
Poderán beneficiarse deste programa as persoas incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, cuia incorporación se produza entre o 1 de outubro e o 16 de xullo de 2010, sempre e cando reúnan unha serie de requisitos.
Ademáis tamén poderán acollerse a estas axudas as persoas beneficiarias deste programa en calquera das convocatorias dos anos 2006, 2007, 2008 e 2009.
A axuda total será de 3.000 euros por beneficiario, non obstante as persoas beneficiarias deste programa en convocatorias anteriores, o importe da axuda minorarase nas contías mensuais a que tiveron dereito, conforme o establecido na orde de convocatoria correspondente.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de xullo de 2010.