19 / Agosto / 2022
Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se realiza a segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas efermidades.O obxecto desta orde é establecer una segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de indemnizacións.
Orde do 31 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensación complementarias e axudas para a reposción dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermedades, e se convocan para o ano 2022.
Poderán solicitar as achegas por lucro cesante os titulares de explotacións de gando bovino, ovino e cabrún nas que se ordenase o sacrificio de forma preventiva da totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial. Así, compensarase a perda de ingresos pola inactividade da explotación ata que se autorice a compra de novos animais.
No caso das axudas destinadas á reposición de gando, poderán solicitalas os titulares que teñan que mercar cabezas de gando como consecuencia dun sacrificio obrigatorio dun ou máis animais existentes na súa granxa, debido ao diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou debido a unha actuación sanitaria oficial.
No Artigo 34, especifíca as axudas para a compra de gando bovino, para a reposición,de xeito que ademais da contía básica, e cando como resultado dos cálculos sexa alcanzado o importe máximo dela para o animal (500 € ou 550 €), poderá concederse unha contía adicional para a res bovina comprada no caso de que os animais bovinos sacrificados pertencían a subexplotacións incluídas en núcleos de control leiteiro oficial, nun importe por animal igual ao resultado de multiplicar:
0,15 euros polos quilos de leite resultantes de aplicar a diferenza entre o rendemento leiteiro medio das lactacións válidas finalizadas de, polo menos, o 60 % das femias da subexplotación con maior rendemento, e a cantidade de 6.700 quilos.
As solicitudes de axudas de compensacións complementarias por inactividade e para a reposición de gando poderán presentarse dende mañá ata o 30 de novembro de 2022.
EXTRACTO