AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS RECUPERACIÓN TERRAS AGRARIAS

05 / Junio / 2014

A Deputación Provincial de Lugo dentro do programa de apoio ao sector agrogandeiro e ó desenvolvemento rural da provincia de Lugo ano 2014, establece unha liña 1: Programa de recuperación e incorporación de terras para a posta en produción de recursos agrogandeiros.

Esta liña ten como obxecto a cooperación da Deputación Provincial na promoción económica do sector agrogandeiro da nosa provincia mediante axudas que incentiven o incremento da base territorial produtiva, buscando así una redución nos custes de produción que faga mais competitivas as explotacións, considerando estas como una fonte de recursos, emprego e oportunidade de fixación de poboación no rural.

Estas axudas van dirixidas a gandeiros ou agricultores individuais ou sociedades propietarias dunha explotación que xustifiquen mediante a declaración da renta que alomenos o 50% dos seus ingresos proceden da actividade agropecuaria.
 
A superficie mínima a poñer en produción será 1 Ha, se ben, pode ser nunha ou varias parcelas, está poderá ser en propiedade, aluguer, cesión ou doazón. No caso de non ser en propiedade deberá aportar documento xustificativo do aluguer ou cesión por un período mínimo de dous anos.
 
O beneficiario comprometese a ter en produción a parcela para a que se concede a subvención por un período mínico de dous anos.
 
A contía da subvención será de 500 € por Ha, cun máximo de 9.000 euros por solicitante.
 
O prazo para solicitar estas axudas está aberto ata o día 2 de agosto de 2014.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético