22 / Julio / 2016
ORDE do 6 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.
Estas axudas van dirixidas a cooperativas e Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) cun investimento mínimo subvencionable de 5.000 euros por beneficiario. O importe da achega será do 40% dos custos elixibles e poderá incrementarse ata un máximo do 70%, segundo as características do proxecto, sendo o máximo 500.000 euros por explotación integrada.
A través desta orde subvenciónase a mellora e construción de instalacións agropecuarias que supoñan unha redución nos custes de produción ou un incremento da produtividade. Tamén a compra de terreos por un valor inferior ao 10% do custe subvencionable e gastos en honorarios profesionais na redacción do anteproxecto e proxecto que no seu caso se requira e vinculados ao obxecto desta orde. En anos anteriores recibiron estas axudas proxectos como centros de recría, cebadeiros de tenreiros, empaquetadoras de cebolas e reformas de naves.