AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

AXUDAS POXAS DE GANDO

17 / Febrero / 2020

Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á realización de poxas de gando bovino selecto e se convocan para o ano 2020.

Estas axudas teñen como beneficiarios os concellos de Galicia que organicen poxas de gando selecto e cumpran unha serie de requisitos.

O importe destas axudas vai depender do número de número de animais na poxa, non podendo superar nunca o custe da actividade e cun máximo de tres poxas por concello.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes dende a publicación da orde para as poxas celebradas dende o pasado 1 de  agosto ata hoxe, e dun mes dende a data de celebración da poxa para as que teñan lugar dende hoxe ata o 31 de xullo de 2020.

ORDE

EXTRACTO

As poxas de gando frisón previstas na provincia de Lugo para os vindeiros meses son:

  • sábado 7 de marzo en Chantada
  • sábado 4 de abril en Muimenta

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético