AXUDAS PLANS DE MELLORA E PRIMEIRA INSTALACIÓN
04 / Junio / 2010
Orde do 31 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e se convocan para o ano 2010.
PLANS DE MELLORA:
As persoas interesadas nesta liña de axudas terán que cumprir unha serie de requisitos entre os cales estan:
- Ser titular dunha explotación agraria
- Presentar un plan de mellora da súa explotación
- Presentar un compromiso por escrito de exercer a actividade durate polo menos cinco anos dende a certificación dos investimentos
- Acreditar a viabilidade económica
- Estar ao día nas obrigas fiscais
- Acadar polo menos unha UTA
- Cumprir coas normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais
Persoas físicas titulares:
- Ser agricultor profesional
- Posuír a capacitación agraria suficiente
- Ter entre 18 e 65 anos
Persoas xurídicas:
Cando a explotación pertenza a unha comunidade de bens, deberá presentar ademáis os estatutos e acta de constitución e acreditar que polo menos o 50% dos comuneiros reúnen os requisitos especificados para as persoas físicas.
O investimento máximo e de 100.000 € por UTA sen superar os 200.000 por explotación, e a intensidade da axuda pode chegar ata o 55%.
PRIMEIRA INSTALACIÓN AGRICULTORES MOZOS/AS
Requisitos:
-
Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente
-
Instalarse nunha explotación agraria que requira polo menos unha UTA
-
Comprometerse a exercer a actividade durante 5 anos
-
Cumprir coas normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais
-
Ter entre 18 e 40 anos
A solicitude deberá presentarse antes da primeira instalación ou dentro dos seis primeiros meses posteriores a ela.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de xullo, non obstante para a primeira instalación en caso de morte, xubilación ou invalidez do titular o prazo permanecerá aberto ata o 30 de novembro.