AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS DO XABARIL

21 / Febrero / 2008

Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril, e se convocan para o ano 2008.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas de carácter compensatorio a favor dos afectados polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril.
 
Poderán beneficiarse destas axudas os agricultores profesionais que sufrisen danos nos seus cultivos a causa do xabaril.
 
As axudas as que se refire a orde comprenden os danos producidos polo xaril dende o 1 de outubro de 2007 ata o 30 de setembro de 2008.
 
Os afectados por estes danos deberán dar coñecemento á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, nun prazo máximo de sete días, dende á produción do dano, por algún dos seguintes medios:
Os agricultores que sufrisen algún dano durante a campaña deberán comunicar á delegación provincial da Consellería de Medio ambiente e Desenvolvemento Sostible, o seu propósito de iniciar a colleita al menos con 15 días de antelación, para que o persoal da consellería poida comprobar os danos.
 
As solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes dende a comunicación da última colleita. Excepto para os danos producidos entre o 1 de outubro e a entrada en vigor desta orde, para os cales xa se pode tramitar a axuda, aínda que hai que comunicar igual a data prevista de colleita con 15 días de antelación.
 
O baremo utilizado para o pagamento destas axudas está detallado no anexo I desta orde.
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético