Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias para actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.
Esta orde regula e convoca para o ano 2011 as axudas destinadas ás organizacións profesionais agrarias destinadas a realización de actividades de representación e de formación dos seus asociados, e dos agricultores galegos en xeral.
Serán obxecto de subvención os custos derivados das seguintes actividades:
Funcións e actuacións que lles son propias conforme a normativa legal.
Funcións ordinarias de xestión interna das organizacións profesionais agrarias.
Representación ante as institucións.
Participación en órganos colexiados, comisións e mesas sectorias constituídos pola Administración galega.
Formación dos asociados e dos seus familiares.
Impulso do asociacionismo agrario.
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 8 de febreiro de 2011.