AXUDAS MAQUINARIA
16 / Febrero / 2011
Orde do 10 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e se convocan para o ano 2011.
Estas axudas teñen como finalidade promover a utilización da maquinaria agrícola en réxime asociativo, fomentar a introdución de novas tecnoloxías, reducir os custos de mecanización e a contaminación e incrementar a seguridade no traballo.
Poderán beneficiarse das axudas desta orde:
-
CUMAS ou SAT con obxecto social prioritario a utilización de maquinaria.
-
Cooperativas agrarias que adquiran a maquinaria para prestar servizos aso seus asociados.
-
As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT, procededentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos cinco anos posteriores á súa constitución.
As actividades subvencionables son as seguintes:
-
Compra de maquinaria agrícola.
-
Adquisición, construción ou mellora de equipamentos, recollidos no Plan de Innovación Tecnolóxica no anexo VIII, incluídos os gastos xerais vinculados ao proxecto.
Non serán subvencionables as máquinas de uso xeneralizado na agricultura, os almacéns polivalentes, a reposición, adquisición de maquinaria usada ou maquinaria relacionada coa transformación dos produtos agrarios.
A porcentaxe de axuda será entre o 35% e o 50% cun máximo de 150.000 euros por entidade beneficiaria.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 16 de marzo de 2011.